jueves, 17 de diciembre de 2015

Activdade 7

    Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á  figura 27 da páxina 44 do libro.
    Un disco duro é un dispositivo magnético empregado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que len nas dúas caras de cada disco.
Dependendo da tecnoloxía empregada para a transferencia de datos, os discos duros poder ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB cun tamaño algo maior que un teléfono móbil.

Estrutura dun disco magnético:
Nun disco magnético diferéncianse:
- Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
- Pistas: círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
- Sectores: divisións que se fan en cada pista.
- Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto emprégase nos discos duros, posto que neles hai varios pratos con pistas en ambas caras.
   
  • Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria). 
       A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non precisa corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa grande capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo accesible, a súa grande resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de uso. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información dela.
Os tipos de memorias flash máis empregadas son:
Memorias USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través dun porto USB en quente, é dicir, aínda que estea encendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún software nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo reconóceas automaticamente.


 

Tarxetas de memoria. Son soportes de almacenamento empregados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que se soen conectar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD, NanoSD, Compact Flash, Memory Stick, xD, MMC, etc.
 

  • Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede 
    Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información, empregando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de búsqueda e latencia, polo que converteuse nunha alternativa moito máis rápida cós discos duros.
As SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e, polo tanto, son facilmente intercambiables sen ter que recorrer a adaptadores ou tarxetas de expansión para compatibilizalas co equipo.
Ao ser inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.
 

jueves, 10 de diciembre de 2015

Actividade 9:

    Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • (0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.
  • (0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede. 
  • (0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede. 
  • (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.